SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2)

III. PERLAS Ao reunir cada ano unha colección de títulos que xa chegan de Cannes, Berlín ou Venecia coa vitola de seren as citas máis importantes do ano cinematográfico, a maioría con estrea nos meses sucesivos asegurado, a sección de Perlas tende a acaparar en tódalas edicións varias das películas máis destacadas de San Sebastián. Hai incluso casos –L’avenir ou Neruda na presente edición- nos que apenas uns poucos días median entre o pase donostiarra e... Ler máis

ANOTHER EARTH, de Mike Cahill

O MEU EU EN FUNCIÓN DO OUTRO · O Eu, tema fundamental da reflexión humana que nos levou desde hai séculos a pensar e repensar unha e outra vez na nosa forma de estar no mundo, de constituírnos como suxeitos e de enfrontarnos a aquilo que é similar a nós, pero que non se corresponde ao noso eu: o outro. Este eu fronte ao outro é o tema central de Another Earth, un filme de ciencia ficción que basicamente establece unha premisa fantástica que lle serve como contexto... Ler máis