ZOMBI CHILD, DE BERTRAND BONELLO

Á SOMBRA DE TOURNEUR, UNHA NOVA REVOLUCIÓN A obra do francés Bertrand Bonello ten transitado decotío por distintas modulacións do cinema de xénero cunha vontade claramente política e un estilo inmersivo, lonxe porén do expresionismo barroco que abunda nos filmes de terror da actualidade. O último do galo, Zombi Child (2019), responde perfectamente a esta redución da súa traxectoria que vimos de debuxar nun par de liñas. Sen moito que ver con outros contemporáneos... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2019: A CABALO GAÑADOR

I. Regresar un ano máis ao Festival de San Sebastián, aínda que sexa por uns días e por tanto coa visión parcial do mesmo que impregnará estas liñas, supón para o que as asina reencontrarse con certa idea iniciática do cinema. Por moito que a bagaxe asúmase moito maior, e a programación sexa máis heteroxénea que a comezos da década, moi reforzada polo sopro de aire fresco que trouxo consigo a apertura de Tabakalera, as sensacións que espertan as maratóns á beira... Ler máis