TWIN PEAKS: LYNCH FRONTE A LYNCH

Vaia por diante a advertencia de que este videoensaio contén spoilers e secuencias da terceira tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ). Este traballo nace case de casualidade, repensando as imaxes e as secuencias dunha serie que quedou marcada no maxín daqueles que a vivimos cunha intensidade antes non vista.

Lynch fronte a Lynch. Porque desde o inicio deste ‘Return’, esas imaxes verticais filmadas sobre a mesma paisaxe que a icónica secuencia de introdución dos anos noventa, o director estanos a advertir de que imos a ver o mesmo, mais diferente. Lynch néganos o pracer de volver a revivir icónicas frases coma “Good damn coffee!” pero agasállanos con pequenos xogos visuais nos que parece querer revivir aquelo xa visto: “It is happening again”, que diría o xigante agora convertido en Fireman”.

Share SHARE

Comments

comments

Deixa o teu comentario