A Anticrítica do Play-Doc 2022

Ningún río me protexe de min (2021), de Carla Andrade)

Catro rapaces dun máster preséntanse en Tui para formarse nunhas xornadas sobre podcast, organizadas en relación co festival Play-Doc. “Malo será que nos manden facer algo sobre cine, ou?”. Non lles quedou outra que renderse ante a sétima arte e editar un produto en audio sobre as tres únicas curtas que se atreveron a ver. Sentíndolo polos afectados, estes catro... Ler máis

Punto de Vista 2022: Sección Oficial

Self-Portrait: Fairy Tale in 47KM, de Mengqi Zhang

Evangelio Mayor, de Javier Codesal Asimilar a importancia do herdado e cimentar o seu traballo no camiño xa percorrido. Con esas intencións encaraba o seu labor o equipo comandado por Manuel Asín, novo director artístico da que por méritos propios cabe situar entre as citas máis senlleiras do panorama do cine documental europeo. Este décimo sexto Punto de Vista convocábanos... Ler máis

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica en formato podcast’

Nos últimos anos, o mundo dos podcasts experimentou un auxe sen precedentes, converténdose nun dos formatos máis consumidos a nivel mundial. Como non podía ser doutro xeito, dentro da inmensa variedade de contidos que ofrece este modelo de comunicación, atopamos numerosas iniciativas de ámbito nacional e internacional centradas na crítica de cinema, que aproveitan as particularidades... Ler máis