VOLTA AO TEMPO: A RESTAURACIÓN DE THE BOOK OF ALL THE DEAD

Barbara is a Vision of Loveliness (Bruce Elder, 1976)

Barbara is a Vision of Loveliness (Bruce Elder, 1976)

Le este artigo na súa versión orixinal en inglés

The Book of All the Dead (1975–1994) é un ciclo épico do cineasta canadiano R. Bruce Elder, que abarca todos os filmes que Elder fixo durante ese período. Está estruturado en tres partes: Lamentations, Consolations e Exultations. Cada parte está nomeada despois dun traballo feito entre 1985 e 1994, e unido nunha soa peza cunha duración aproximada de 36 horas. Contidas nestas partes hai un número de curtametraxes feitas entre 1975 e 1980 que aparecen en grupos e intersticios, fóra da orde cronolóxica; de todas formas, as tres grandes partes están presentadas nunha irregular cronoloxía que nos leva desde a primeira épica, Lamentations (1985), ata a conclusión épica final, Exultations (1994). Cada unha das tres partes consume un pase diario, co traballo planificado para ser exhibido desde o venres ata o domingo durante a Semana Santa.

The Book of All the Dead emprega moitos temas tirados da Divina Commedia de Dante Aligheri e dos Cantos de Ezra Pound, e amosa moitas referencias visuais e textuais dos seis séculos que separan estes traballos, pero principalmente é un traballo de autobiografía. A través das súas citas da historia, filosofía e poesía, Elder amobla a súa biografía cunha herdanza do pensamento medieval e moderno e sitúa a súa experiencia en relación directa cunha linaxe de artistas e poetas divididos entre o rigor da chamada espiritual e a fatal rivalidade das cousas terrestres. Elder tenme falado a miúdo de que memorizar poesía acaba por salvar a vida de un. As súas citas están enraizadas nesa filosofía. O traballo confronta os horrores da vida moderna así coma a experiencia asombrosa e, ás veces, humillante desta conquista humana, entre placer e sufrimento, entre misterios divinos e a realidade fría dos feitos. Esta traxectoria mestúrase cunha serie de sketches cómicos, monólogos, rimas e exclamacións, a escuridade acompañada por unha grande e resoante risada.

A aproximación de Elder foi refinada e intensificada a través do desenvolvemento cronolóxico de The Book of All the Dead. Os primeiros traballos foron feitos baixo a influencia de moitos dos seus profesores (que inclúen a Stan Brakhage, Shirley Clarke, Ed Emshwiller e Robert Breer), e pouco a pouco, cando a liña autobiográfica vaise facendo clara, primeiro en The Art of Wordly Wisdom (1979), Elder asumiu unha aproximación máis erudita. As subsecuentes películas épicas foron feitas en colaboración con equipos de rodaxe, incluíndo actores recitando pezas dramáticas, e conseguiu a súa forma final grazas ao intenso escrutinio do cada vez máis elaborado traballo cunha impresora óptica. O ciclo encerra aspectos sociais e autobiográficos, debates de forma e trazos de outras percepcións (na súas complexas bandas sonoras, a miúdo ofrecendo unha competición entre a voz e a música, incluso con efecto cómico), ata chegar a ser unha educación en si mesma.

Desde 1997, Elder desenvolveu un segundo ciclo épico, The Book of Praise (1997–actualmente), un traballo que está previsto que dure preto das 14 horas e que sería exhibido o luns seguinte do primeiro ciclo. Este ciclo evolucionou nun ritmo máis medido que The Book of All the Dead, con Elder estreando un filme de duración tradicional cada tres ou catro anos, cuxa duración vai de 90 a 140 minutos. É a nesta parte final do ciclo cando Elder fixo unha transición entre soportes, comezando con A Gathering of Crystals (2015), o seu primeiro traballo completado e publicado en vídeo dixital. O vídeo xogou sempre unha parte central no traballo de Elder desde os comezos: a súa primeira película, Breath/Light/Birth, a pesar de rematarse en 16mm, foi refotografada dunha cinta Portapak analóxica, e case todas as súas películas desde os anos 90 empregan imaxes que proveñen do vídeo ou de procesos de ordenador. Elder decidiu ao longo do curso de A Gathering of Crystals que o que agora podía ser feito en vídeo, as súas posibilidades tanxibles en formas e efectos de color, era o preciso para pechar este ciclo.

She Is Away (Bruce Elder, 1976)

She Is Away (Bruce Elder, 1976)

Desde 2014, supervisei a transición dixital e restauración de The Book of All the Dead cunha equipa de técnicos e co consello de Elder; simultaneamente temos avanzado pasos na conservación a longo prazo de The Book of Praise. O traballo nos dous ciclos rematará a finais de 2017. A miña labor inclúe o escaneado de alta resolución dos negativos da película e, en algún caso necesario, a impresión en resolución 5K, a limpeza dixital das imaxes para limpar rascuños e a correción de color para asegurar que as copias dixitais emulaban correctamente os esquemas de cor das películas impresas na súa forma de 16mm. Neste sentido o traballo conserva a integridade da súa forma orixinal. O volume de traballo forzounos a confrontar a cuestión de cal era o valor central dunha experiencia como esta e como este aspecto podía ser preservado no novo contedor, ou incluso, que nos ía traer este novo contedor dixital.

Coma un traballo multiforma e multi-modal, The Book of All the Dead desafía a aqueles que presumen da súa escala que é un testamento ao cine e nada máis que ao cine. Neste novo contedor, como unha estrea dixital en alta resolución e coma un disco Blu-ray, The Book of All the Dead convertirase ao fin en accesible. As ferramentas dixitais permitiron que este ciclo medrase correctamente na súa forma dixital. Onde a exhibición en 16mm foi prohibitivamente cara en termos de envío do traballo (que son máis de 50 rollos), e en termos da labor que o cinema precisa facer para esta complexa proxección, agora poderase ver en lugares nos que antes non era posible. Esta imaxe densa do mundo volveu cara o mundo. O traballo convertiuse en máis íntimo, sacado do reino da espectacular excepción e levado ao fogar. Un traballo así nunca existiría, nunca tería sido concebido de ningunha forma de non ser polas súas formas, os seus ritos, os seus códigos e o seu sistema; e por todo iso, a arquitectura interior do filme permanece intacta.

Comments are closed.