Wu Wei: Sobre a non acción, ou vivir sen forzar

Pode parecer pouca cousa. Ás veces pregúntome cal é o motivo de facer estes vídeos, pero cada vez son máis consciente de que me axudan a lembrar cousas que non quero esquecer, como post-its nas paredes, que dalgún xeito me permiten coñecerme mellor.

Este novo vídeo fala sobre o concepto taoísta do Wu Wei (“non acción”), narrado e explicado coa voz do filósofo Alan Watts e acompañado con imaxes da película Journey to the West (2014), do director Tsai Ming-Liang, interpretada polos actores Denis Lavant e Lee Kang-sheng.

Vídeos semellantes:

LIPOVETSKY et TRUFFAUT: Sobre a lixeireza e a felicidade

Comments are closed.