Zaida Carmona: “Paréceme perigoso que se lle esixa a unha ficción representar a todo un colectivo”

Zaida Carmona

© Lucia Vittoria Tralo seu percorrido por varios festivais nacionais, como o D’A Film Festival (onde recibiu o premio Un Impulso Colectivo), ou o Atlàntida Mallorca Film Fest, La amiga de mi amiga, ópera prima de Zaida Carmona, tivo a súa estrea internacional este ano na sección Bright Future do Festival Internacional de Cine de Róterdam (25 de xaneiro – 5 de febreiro... Ler máis

Soul, unha BSO con moita alma

Soul, de Pete Docter

Como explica Rolando Ceballos no seu proxecto Animapasión, “desde antes do cinema xa existían métodos para tratar de imitar o movemento nas imaxes estáticas. Desde os inicios da sociedade as persoas buscaron formas de presentar historias de xeitos visuais e diversos nun mesmo obxecto, desde pinturas en vasos gregos até a chegada dos tan famosos taumatropos, fenaquistoscopios... Ler máis

Wes Anderson: a depuración dun estilo

Wes Anderson

Moonrise Kingdom (2012) Dende neno, Wes Anderson (Houston, 1969) sempre estivo interesado no mundo do celuloide, e incluso actuou en pequenas obras de teatro na escola. Estudou filosofía na Universidade de Texas, onde coincidiu co actor Owen Wilson, co cal formaría unha sorte de comuñón artística que empuxaría as súas primeiras obras para posteriormente acompañalo na maior... Ler máis

Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”

Helena Girón

Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos.... Ler máis

Margarita Ledo: “Construínme a base de negacións”

© AIGI BOGA / AGA Margarita Ledo Andión contesta sempre rápido. Aos correos, ás mensaxes e ás preguntas. É unha boa conversadora. Tamén é cineasta, catedrática e membro da Real Academia Galega. Coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, onde investiga sobre políticas de comunicación e cultura, entre outras moitas cousas. Margarita escribía poesía. Tivo que exiliarse... Ler máis

Chema García Ibarra: “Traballo con ideas que son como illas, co seu principio e o seu final, e o que fago é ver se dalgunha forma poden funcionar xuntas”

Chema García Ibarra

Chema García Ibarra conta cunha dilatada carreira no mundo da curtametraxe. Ao longo dos últimos dez anos, o cineasta foi depurando un estilo propio e unha identidade moi peculiar, ata consagrarse e despregar todas as súas inquedanzas, preocupacións, trazos estilísticos e temas habituais na súa primeira longametraxe, Espíritu Sagrado. Despois do seu paso por festivais como... Ler máis

Os universos sonoros de Star Wars

BSO Star Wars

Hoxe en día non podemos concibir unha película sen BSO. O deseño sonoro é indispensable para crear atmosferas ou secuencias narrativas; o seu uso intensifica diferentes momentos da historia, xerando emocións que axudan a erixir unha sensación de realidade no espectador. A música esperta recordos ou serve de apoio para diferenciar momentos de terror, suspense ou romance,... Ler máis

Álvaro F. Pulpeiro: “Para evitar o exotismo tes que desmaterializarte, deconstruirte”

Álvaro F. Pulpeiro

Tras o seu paso polo festival danés CPH:DOX, conversamos por vídeo-chamada con Álvaro F. Pulpeiro (Foz, 1990) con motivo da presentación da súa última longametraxe documental, Un cielo tan turbio (2021): unha road movie observacional que percorre as diferentes paisaxes industriais que compoñen as zonas fronteirizas de Venezuela, e que se detén a coñecer a aqueles que as... Ler máis

A carón dos mortos: Un posible achegamento a Arima

Todas as personaxes de Arima (Jaione Camborda, 2019) andan á procura de algo.  Camborda amósanos a faciana dunha vila pequena preto da montaña; os tellados, o ambiente húmido. Un berro racha coa melodía da escena: “Olivia!”. Unha nai, Elena, chama pola súa filla, que se perdeu. É Julia quen dá con Olivia, e xuntas agardan a que chegue a nai. Julia andaba a vagar pola... Ler máis

Luis López Carrasco: “Todo relato que un intente desenterrar é unha interpretación en presente que se superpón a relatos previos”

Luis López Carrasco (© Alicia Seoane – DUPLEX Cinema) Luis López Carrasco realizou a que sen dúbida foi a película española de 2020: El año del descubrimiento (para algúns, como eu, simplemente, a película do ano). Documental que parte dun feito como a queima do Parlamento murciano en 1992 tras unha vaga de folgas e manifestacións, motivadas por despedimentos masivos... Ler máis