A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios

VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

A gran imaxe non ten forma, de Víctor Soho

A gran imaxe non ten forma, de Víctor Soho

Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios, de Victor Soho.

En palabras do xurado, “unha proposta temática sobresaliente cunha execución orixinal que parte dunha historia actual sobre o amor para achegarse ao valor dos símbolos, a necesidade, ou non, de telos e as formas que deben adoptar”.

Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.

Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

Comments are closed.