ACORDAR
acordar
verbo transitivo
4. Ter na memoria.
verbo intransitivo
6. Deixar de estar durmido.
(Dicionario da Real Academia Galega)
Videoensaio sobre Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) e La Jetée (Chris Marker, 1962). Dous filmes que tratan o tema das lembranzas coma parte central desde dous achegamentos totalmente diferentes. Esta peza trata de ser unha ponte que remarque as similitudes estéticas e narrativas que os dous filmes comparten.