A Cuarta Parede

Artigos de A Cuarta Parede:

    Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’

      A historia do cinema construímola os espectadores, segundo os filmes que vexamos, segundo os filmes que nos deixen ver. Cada xeración ten acceso a uns títulos ou outros en función da distribución e dos debates do seu tempo, polo que programadores e críticos teñen un papel fundamental nunha historia sempre en reconstrución. Ninguén reparara nos realizadores industriais... Ler máis

    Número 49

    O inicio do ano no mundo do cinema sempre está marcado pola implacable tempada de premios. Fonte inesgotable de noticias, revisións e prognósticos, estas entregas de galardóns seguen sendo un bo indicativo para medir o pulso da industria, as tendencias contemporáneas e os gustos predominantes nas distintas academias nacionais e internacionais. Lamentablemente, en moitos casos,... Ler máis

    O mellor de 2023

    Manténdonos fieis á senda inaugurada hai tres anos, dende A Cuarta Parede volvemos propoñer o noso particular balance deste ano que remata. Intentando fuxir das clasificacións e listaxes tradicionais que buscan condensar e xerarquizar a experiencia cultural, na revista queremos abrazar a singularidade da mesma. Desta forma, convidamos aos nosos colaboradores a contribuír a... Ler máis

    Número 48

    Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue... Ler máis

    Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica e programación de cinema restaurado’

    Dende A Cuarta Parede levamos anos reivindicando o papel fundamental das filmotecas e dos arquivos como espazos de resistencia e custodios da memoria fílmica dun pobo (como acredita o noso Número 37). A supervivencia destes lugares, e do valioso patrimonio cultural que atesouran, semella estar constantemente ameazada (tanto polas dificultades técnicas que implica a preservación... Ler máis

    O mellor de 2022

    Un ano máis, dende A Cuarta Parede optamos por eludir as tradicionais listaxes e organizacións categóricas co máis destacado da tempada, que inevitablemente reducen a experiencia cultural a unha simple clasificación (cando non competición) de obras e autores. Por divertido e útil que poida resultar este exercicio, na revista decidimos consolidar o noso particular resumo anual,... Ler máis

    Número 47

    © Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía... Ler máis

    A Anticrítica do Play-Doc 2022

    Catro rapaces dun máster preséntanse en Tui para formarse nunhas xornadas sobre podcast, organizadas en relación co festival Play-Doc. “Malo será que nos manden facer algo sobre cine, ou?”. Non lles quedou outra que renderse ante a sétima arte e editar un produto en audio sobre as tres únicas curtas que se atreveron a ver. Sentíndolo polos afectados, estes catro... Ler máis

    Play-Doc 2022: O soño dunha tarde de maio

     Un día en Tui dá para moito. Case trinta graos de temperatura ambiente no exterior e outros tantos de temperatura emocional nun lugar fresco e escuro no que as nosas vidas se converten en cine ou viceversa, dán para moito máis.  E quen recibe? Pois aqueles que coma nós, adictos á emoción, decidíronse a participar no seminario de creación de podcasts, desexosos de recibir... Ler máis

    Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica en formato podcast’

    Nos últimos anos, o mundo dos podcasts experimentou un auxe sen precedentes, converténdose nun dos formatos máis consumidos a nivel mundial. Como non podía ser doutro xeito, dentro da inmensa variedade de contidos que ofrece este modelo de comunicación, atopamos numerosas iniciativas de ámbito nacional e internacional centradas na crítica de cinema, que aproveitan as particularidades... Ler máis