Álvaro Pérez-Dios

Artigos de Álvaro Pérez-Dios:

    BARRY EGAN OR HOW I LEARNED TO STOP WORRYING AND LOVE ADAM SANDLER

    Alén da risa, as comedias de Adam Sandler poden lerse a partir do seu contexto dentro da sociedade occidental contemporánea e, especialmente, desde as novas lecturas críticas arredor da masculinidade e a melancolía da comedia posterior ao 11 de setembro de 2001. Xa que moitos dos traballos de Sandler representan algúns dos éxitos (pero tamén fracasos) máis importantes das... Ler máis

    ¡SHHHH!

    Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos... Ler máis

    PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson

    A oitava obra de PTA, ​Phantom Thread ​(2018), é unha película estraña e espléndida. Magnificamente confusa, o seu título dio todo. Esta é unha historia tanto de fíos coma de fantasmas. Ao longo de quilómetros de seda e tafetá, revélase a relación neurótica coa creación dun prestixioso deseñador de moda no Londres da posguerra, Reynolds Woodcock (Daniel Day-Lewis),... Ler máis

    LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA

    O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría... Ler máis