Cibran Tenreiro

Artigos de Cibran Tenreiro:

    MARRIAGE STORY, de Noah Baumbach

    Ola! Puxen Marriage Story de primeira na miña lista do mellor do ano e penso que me arrepinto. Esta crítica é, máis que unha crítica, unha reflexión para ver por que me pasa iso e descubrir a miña opinión final. Antes de nada, un meme. Marriage Story estivo un par de semanas nos cines, nunha desas estreas limitadas de Netflix. Nese período non vin memes nin moito comentario... Ler máis

    LA FLOR, de Mariano Llinás

    La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa... Ler máis

    ÁLVARO LARRIBA: “O QUE QUERÍA EN PRINCIPIO ERA ENSINAR O QUE HABÍA DETRÁS DO LICEO, QUE SON AS PERSOAS”

    Creo que Mutantes (2017), o primeiro filme de Álvaro Larriba, é unha película importante polo que documenta e por como o fai. É certo que eu tampouco son obxectivo: emocióname ver unha película que rexistra o traballo do Liceo Mutante porque é probablemente o meu lugar favorito do mundo e sempre que vou volvo cheo de felicidade, inspiración e fe na humanidade. Toquei alí,... Ler máis

    LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler

    Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha... Ler máis

    YOURSELF AND YOURS, de Hong Sang-soo

    Nunha entrevista, Hong Sang-soo dicía que o amor é o único que importa nesta vida aparte da cervexa [1]. Igual que sucede no namoramento, e igual que sucede despois dunhas cantas cervexas, Yourself and Yours (2016) é unha película dominada pola dúbida e a ambigüidade, e dende o aparentemente anecdótico acaba sendo, ou parecendo, un filme enormemente sabio sobre a identidade,... Ler máis

    SETE NOTAS SOBRE OS VÍDEOS NON PROFESIONAIS DE CONCERTOS

    “Durante miles de anos, a música foi a principal metáfora poética para aquelo que non podía ser preservado. A música esvaece tan pronto como é interpretada.” Walter Murch [1] “Filmar, enfocar, visionar, rexistrar os movementos da vida e da miña vida: todos estamos a un paso de ser directores e actores de cine, case a un nivel profesional. O banal, o anecdótico, as... Ler máis

    IN-EDIT 2014: ENTRE A FORMA E O CONTIDO

    Nas cancións de Dexys a forma é tan impresionante, está tan cuberta de épica, de melodías e arranxos perfectos, que pode esconder o contido que hai no seu soul único. Kiko Amat explicou antes da proxección de Dexys: Nowhere is Home (Kieran Evans e Paul Kelly, 2014) que ao pasar desa superficie preciosa se chegaba a unha verdade profunda, a unha obra que fala de expiación,... Ler máis