Debora Garcia
Artigos de Debora Garcia:
CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”
Cunha dilatada carreira como fotógrafa, a pesares da súa xuventude, Carla Andrade vai facéndose un oco na listaxe de novos cineastas galegos. Incansable viaxeira, a viguesa prepara o que será o seu primeiro traballo cinematográfico en solitario que a levou de Nepal a Chile e do que puido verse un pequeno adianto o mes pasado no (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña.... Ler máis
“UNA PELÍCULA NO ES SOLO LO QUE VES EN PANTALLA, HAY MUCHAS OTRAS COSAS QUE SUCEDEN EN LA PROYECCIÓN Y QUE COMPLETAN LA OBRA”
Hace una semana la Mostra de Cinema Periférico (S8) celebraba su quinta edición dedicando una parte central al cine experimental japonés. A la cita acudió el que está considerado como padre del género en el país nipón, Takahiko Iimura, y jóvenes directores en alza. Entre ellos destaca Daïchi Saïto que, pese a haber realizado y producido toda su obra en Canadá, está... Ler máis
DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée
Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club... Ler máis
THE ACT OF KILLING, de Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anonymous
Masacre. Ficción. Catarse “This is not fake! This is not fake!”. Unha voz traspasa a pantalla mentres o espectador contempla unha primeira escena desconcertante que máis ben semella inspirada nun anuncio publicitario kitsch ou nunha epopea de Bollywood: unhas bailarinas de estilo balinés danzan baixo unha onírica fervenza acompañando os arrítmicos movementos dun ancián... Ler máis
東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada
De obra mestra a obra de mestre Pouco hai que contar do argumento de 東京家族 (Tokyo Family, Yoji Yamada, 2013) para aqueles que xa teñan visto 東京物語 (Tokyo Story, Yasujiro Ozu, 1953), alén de salientar o enxeño que desprega Yoji Yamada para adaptar a obra mestra do cinema xaponés aos tempos actuais. Todo, ou case todo en Tokyo Family reproduce o conto de Ozu para... Ler máis
BONG JOON-HO: VIVISECCIONANDO O “MONSTRO” DA PANTALLA COREANA
“Esta vez fai que pareza real… como nas películas” inspector Park Doo-man -Song Kang-ho- en Memories of Murder O ano 2003 marcou, sen ningunha dúbida, un antes e un despois na historia do cinema coreano. Non tanto pola propia historia cinematográfica de Corea do Sur, que xa contaba cunha longa tradición, como pola acollida que as pantallas occidentais comezaron a facer... Ler máis
BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK
Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade... Ler máis
RENOIR, de Gilles Bourdos
Renoir Vs. Renoir Nos días da Primeira Guerra Mundial, un ancián move un pincel entre os seus dedos artríticos baixo a etérea luz da campiña francesa. A vila é Cagnes-sur-mer, situada na Costa Azul, e o ancián non é outro que Pierre-Auguste Renoir. O mestre impresionista loita por non perder o seu espírito creativo fronte á súa doenza, ao falecemento da súa amada esposa... Ler máis
LA MIGLIORE OFFERTA, de Giuseppe Tornatore
A priori, a sinatura de Giuseppe Tornatore tería que ser un aval para La migliore offerta (2013), sobre todo cando este filme chega á carteleira en plena seca estival. Antes e despois da súa estrea mencionouse unha e outra vez o bo sabor de boca que deixara, hai xa un cuarto de século, Nuovo Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988); un sabor, que, para algúns rezumaba demasiado... Ler máis
HANNAH ARENDT, de Margarethe von Trotta
Unha das cualidades máis valiosas que posúe o cinema é a de recuperar para o gran público personaxes históricos que a propia Historia non colocou no lugar que lles corresponde. Este sería o caso de Johannah Arendt (Hannover, 1906 – Nova York, 1975), politóloga e filósofa (aínda que ela rexeitaba esta denominación) de orixe xermana que foi quen de abrirse paso nun... Ler máis