Ivan Villarmea Alvarez
Artigos de Ivan Villarmea Alvarez:
A GALERÍA NO PAPEL. RESEÑA DE ‘LABORATÓRIO CINEMÁTICO. SOLAR, 10 ANOS’
Un libro, un obxecto, unha lembranza. A publicación Laboratório Cinemático. Solar, 10 Anos (Nuno Rodrigues & Daniel Ribas, eds., 2016) recolle un feixe de materiais que dan conta das actividades desenvolvidas durante a primeira década de existencia da Solar – Galería de Arte Cinemática de Vila do Conde. Este proxecto xurdiu a partir da sección ‘Work in Progress’... Ler máis
PATERSON, de Jim Jarmusch
Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos... Ler máis
O ORNITÓLOGO, de João Pedro Rodrigues
Identidades mutantes Ser un, ser outro, ser doutra maneira. Ser aquilo que desexamos, que rexeitamos ou que ignoramos. Ser en proceso, en permanente transformación, guiados polo desexo, polo destino ou simplemente polo azar. Os personaxes de João Pedro Rodrigues son sempre suxeitos ambivalentes, abertos ás múltiples permutacións que admite a identidade: poden ser homes que... Ler máis
PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL
Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o... Ler máis
DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA
Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival,... Ler máis
DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES
Segunda parte dunha crónica que comeza aquí A pegada do pasado no presente do territorio, ou a forma na que o presente convive coa acumulación de pasados, sobre todo cando estes foron traumáticos, estaba na orixe de varios filmes presentados na competición internacional, como Ismyrne (Joana Hadjithomas & Khalil Joreige, 2016), Atlante 1783 (Maria Giovanna Cicciari, 2016),... Ler máis
DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS
O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración... Ler máis
CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa
A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que... Ler máis
O LUGAR DA MÚSICA
A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía,... Ler máis
CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL
Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como... Ler máis