Laura Montero Plata
Artigos de Laura Montero Plata:
THREE BILLBOARDS OUTSIDE EBBING, MISSOURI, de Martin McDonagh
Como se xestiona a ira? Con tan só tres películas na súa filmografía, o guionista, cineasta e dramaturgo Martin McDonagh leva recollidos -dende que presentara a súa oscarizada curtamretaxe Six Shooter en 2004- case cincuenta premios internacionais. A cifra crece de forma exponencial se nos centramos na listaxe de galardóns acumulados polo seu último filme, Tres anuncios... Ler máis
THE KILLING OF A SACRED DEER, de Yorgos Lanthimos
O cinema do director grego Yorgos Lanthimos é difícil de catalogar. As primeiras novas da súa obra –inquietante, inquisitiva, punzante e altamente codificada– chegáronnos con Κυνόδοντας (Canino, 2009), unha longametraxe que supuxo a primeira colaboración co seu coguionista Efthymis Filippou, e onde Lanthimos expuña as coordenadas dun cinema de estrañeza, violencia... Ler máis
아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook
A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema... Ler máis
Temos que falar de Uwe
O director alemán Uwe Boll é probabelmente un dos directores cun maior número de haters a nivel internacional, entroutros mesteres porque ten a dubidosa honra de ser o realizador que máis adaptacións cinematográficas de videoxogos realizou (un total de 12 até a data), todas elas cunha calidade máis que dubidosa. Obxecto das iras dos fans dos videoxogos, protagonista de... Ler máis
IDA, de Pawel Pawlikowski
A multipremiada longametraxe do director Pawel Pawlikowski foi, sen dúbida, un dos exercicios fílmicos máis interesantes do ano pasado. Con máis de medio centenar de galardóns ás súas costas sen que concluíse aínda a tempada de premios, Ida (2013) reflexiona desde o concreto sobre a historia recente de Polonia. A urxencia persoal do cineasta de explorar as súas orixes... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (III / III): XAPÓN, MORTE E VIOLENCIA
A nosa crónica do certame londiniense, ofrecida en varias entregas, non podía concluír sen dar conta da presenza xaponesa na súa programación. Malia que as propostas máis novidosas xa se viran no Tokio International Film Festival –primeiro e principal escaparate da produción procedente deste país asiático– o London Film Festival reuniu algúns dos títulos máis emblemáticos... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (II / III): ISRAEL, O OUTRO COMO REFLEXO DUN MESMO
A nosa primeira crónica do London Film Festival xa anticipaba que o enfrontamento secular entre israelís e palestinos tivera unha importante presenza na programación deste ano: a metade da produción procedente de Israel detívose nesta cuestión, mentres que a outra metade concentrouse en temas menos candentes, deixando de lado este debate para mergullarse na vida cotián israelí.... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS
O conflito bélico, nas súas distintas magnitudes, estivo moi presente na edición 2014 do London Film Festival. Non é que este feito nos sorprenda, posto que o cinema, en moitos casos, convértese nunha plataforma de denuncia e de representación dunha realidade que por cuestións xeográficas, históricas, económicas ou políticas non chega até nós. Este foi o caso, por... Ler máis
RELATOS SALVAJES, de Damián Szifrón
A última longametraxe do guionista e director Damián Szifrón é, en primeiro lugar, un magnífico divertimento, unha maquinaria perfectamente engraxada da que se goza moito máis se se sabe pouco ou nada da súa narración. Nunha época na que os trailers están deseñados para non deixar nada á imaxinación, o deste filme ten a rara habilidade de suxerir sen destripar ningunha... Ler máis
白日焰火 (BLACK COAL, THIN ICE), de Diao Yinan
Logo de completar un extenso percorrido polos festivais de medio mundo -incluindo Tribeca, Busán, Karlovy Vary, Vancouver ou Londres- e de ser a vencedora indiscutíbel da edición máis recente da Berlinale -coa obtención do Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata para o seu actor principal- 白日焰火 (Black Coal, Thin Ice, Diao Yinan, 2014) chega agora ás pantallas... Ler máis