Miguel Blanco Hortas

Artigos de Miguel Blanco Hortas:

    A CINEFILIA NOS TEMPOS DO EMULE

    A finais dos anos noventa, un cinéfilo de provincias tiña moi poucas oportunidades para ter unha oferta cinematográfica variada. As súas achegas ao cinema seguramente se reducían aos filmes de Hollywood e aos clásicos europeos que os medios publicitarios aceptaran como válidos. Os cinéfilos que somos de pequenas vilas non coñeciamos filmotecas nin festivais, e o noso contacto... Ler máis

    PLAY-DOC 2013: RETORNO AO FOGAR

    No Play-Doc de 2012 houbo unha temática común nas películas a concurso. Eran películas viaxeiras, onde o director ía na busca de algo que non tiña moi claro. Dunha busca estética no caso de Ben Rivers, na busca dun rexistro social, incluso antropolóxico en Yatasto, Viktor Kossakovsky buscaba o paraíso perdido, Mirage de Srdan Keca filmaba o futuro ameazante do capitalismo... Ler máis

    ZOMBIES, CINÉFILOS E OUTRAS BESTAS – SITGES 2011

    Hai tres anos que acudo como crítico ao festival de Sitges. Nestes tres anos, podo asegurar que ningún outro certame se lle parece. Nesta vila barcelonesa dáse cada outubro unha festa de cinema sen igual. A xente de Barcelona chega a Sitges desexosa de ver cinema, pero tamén de pasalo ben. Rir, gritar, aplaudir e incluso comentar as películas en directo con toda a sala. Para... Ler máis