Miguel Gómez Abad

Artigos de Miguel Gómez Abad:

    Un pequeño mundo, de Laura  Wandel

    Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá... Ler máis

    Novos Cinemas 2021: Latexos

    El planeta, de Amalia Ulman Que os festivais de cine conten cunha sección competitiva como a que propón Novos Cinemas baixo o nome de Latexos debería ser de obrigado cumprimento. Por necesidade, por xustiza, para que todas esas primeiras ou segundas propostas, que poidan quedar fóra mesmo dos circuítos non tan convencionais, teñan o seu espazo. Para que poidamos escoitar novas... Ler máis

    Chema García Ibarra: “Traballo con ideas que son como illas, co seu principio e o seu final, e o que fago é ver se dalgunha forma poden funcionar xuntas”

    Chema García Ibarra conta cunha dilatada carreira no mundo da curtametraxe. Ao longo dos últimos dez anos, o cineasta foi depurando un estilo propio e unha identidade moi peculiar, ata consagrarse e despregar todas as súas inquedanzas, preocupacións, trazos estilísticos e temas habituais na súa primeira longametraxe, Espíritu Sagrado. Despois do seu paso por festivais como... Ler máis

    Libertad, de Clara Roquet

    © Avalon Os termos relixiosos non adoitan entrar como norma dentro do meu vocabulario habitual, pero falar desta película sen dicir, por exemplo, que é unha bendición e que ten unha pureza ilimitada e cristalina, antóllaseme complicado de base. Clara Roquet desprega en Libertad (2021), a súa primeira longametraxe como directora e guionista, unha delicada e directa caligrafía... Ler máis

    Tres, de Juanjo Giménez 

    Juanjo Giménez é un director novel que se sae da regra, non xa polos anos que ten (a idade, para min, poucas veces define algo), senón polo seu traballo na industria, o seu labor como profesor e a experiencia na curtametraxe que atesoura. Xénero que soubo espremer ao máximo, e que o levou en 2016 a ser o primeiro español en gañar a Palma de Ouro do festival de Cannes á... Ler máis