Nacho Ozores Mosquera

Artigos de Nacho Ozores Mosquera:

    A little trip through Corpus Christi

    Este vídeo achégase ao filme Corpus Christi, pouco coñecido polo gran público, pero moi recoñecido en festivais, chegando a estar nomeado aos Óscar de 2019 como mellor película internacional. É un filme polaco dirixido por Jan Komasa que conta a historia de Daniel, un rapaz que experimenta unha transformación espiritual mentres vive recluído nun centro de detención xuvenil.... Ler máis

    Wu Wei: Sobre a non acción, ou vivir sen forzar

     Pode parecer pouca cousa. Ás veces pregúntome cal é o motivo de facer estes vídeos, pero cada vez son máis consciente de que me axudan a lembrar cousas que non quero esquecer, como post-its nas paredes, que dalgún xeito me permiten coñecerme mellor. Este novo vídeo fala sobre o concepto taoísta do Wu Wei (“non acción”), narrado e explicado coa voz do filósofo... Ler máis

    AYKA by herself

     Esta peza vai na liña dalgún dos anteriores vídeos que xa fixen, sobre películas coma Rosetta e Ida, nos que trato de contar de forma breve a historia das protagonistas de cada un deses filmes, intentado transmitir con isto a esencia da propia película e que coma espectador, sintas ganas de ver o filme completo. Esta vez, a película en cuestión é Ayka (2018), un filme... Ler máis

    ROSETTA BY HERSELF

     Nestes días de cuarentena que nos tocou vivir, púxenme a traballar nun deses vídeos que me da por facer ás veces, esta vez sobre Rosetta, unha película belga de 1999, dirixida polos irmáns Dardenne, que fala dunha xove de 17 anos que busca traballo desesperadamente para saír do duro entorno no que vive. Este filme axudou a que en Bélxica votasen a favor da agora popularmente... Ler máis

    LIPOVETSKY ET TRUFFAUT: SOBRE A LIXEIREZA E A FELICIDADE

    As veces atopámonos en momentos existencialistas ao longo das nosas vidas, momentos onde cuestionamos o sentido e o funcionamento de todo, do ser humano, da existencia e da vida. Últimamente esas cuestións están a resoar forte na miña cabeza. Cando unha persoa consegue satisfacer as súas necesidades básicas, dentro do suposto estado de benestar no que vivimos, o que agora... Ler máis

    A NATUREZA EN LOVELESS

    Tras xa case dous anos da súa estrea en festivais, Loveless (2017) do director ruso Andrey Zvyagintsev, é unha desas películas que saben calar no espectador e adentrarse na súa moral. A película fala con frialdade e dureza dunha relación sustentada sen amor, a punto de romperse e das consecuencias que iso trae aos tres membros que conforman esa familia. É unha crítica á... Ler máis

    A COR VERMELLA EN LÅT DEN RÄTTE KOMMA IN

    En todo o filme o que aparece dentro do cadro está pensado, é intencionado e ten un motivo. Desde a iluminación dunha escena, o ton do filme e as súas personaxes. Con isto, no filme sueco Låt den rätte komma in (2008) o realizador Tomas Alfredson empregou a cor vermella como elemento narrativo relacionándoo coa personaxe de Eli e invadindo así a cor do decorado ou o vestiario... Ler máis