Óscar López Iglesias
Artigos de Óscar López Iglesias:
Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra
Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual,... Ler máis
La vida de los demás, de Mohammad Rasoulof
“Isto é Irán. Aquí non hai lei, só diñeiro e nepotismo. Dinche que apartes o tallo e falo, ou serás ti e o teu mellor amigo apartará o tallo dos teus pés”. Reflexións tan explícitas como estas nos filmes de Mohammad Rasoulof valéronlle ao director iraniano sucesivas condenas dos tribunais da república islámica. No seu último traballo, La vida de los demás (There... Ler máis
First Cow, de Kelly Reichardt
© Allyson Riggs / A24 Films Un can cheira algo estraño na terra dun bosque de Oregón. A súa dona escarva coas mans e descobre dous esqueletos durmindo xuntos o soño eterno. Así comeza First Cow (2020), o último filme da directora estadounidense Kelly Reichardt. Trátase dunha adaptación da novela The Half-Life, de Jonathan Raymond, que xa traballara previamente de guionista... Ler máis
Punto de Vista 2021: O cinema como espazo de encontro
A décimo quinta edición do Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, fixo de Pamplona, durante os seis días que van do 15 ao 20 de marzo, unha das principais referencias mundiais do cinema de non-ficción máis vangardista, experimental e atrevido. A presente edición, á que concorreron na súa sección oficial un total de 32 filmes (26 curtametraxes... Ler máis
Tralas luces, de Sandra Sánchez
“A vida habería que vivila dúas veces, para non cometer erros”. Quen así fala é Lourdes Machado, protagonista de Tralas Luces, a primeira longametraxe da directora galega Sandra Sánchez. Trátase dun documental que en orixe, como reflicte o propio título, pretendía retratar a vida dos feirantes ambulantes, unha realidade moitas veces estigmatizada e oculta para o común... Ler máis
Heidi Hassan e Patricia Pérez: “Detrás do noso cinema agóchase unha batalla por deter o tempo”
Heidi Hassan e Patricia Pérez, cineastas cubanas, acaban de estrear en salas o seu último traballo, A Media Voz, un documental con formato de correspondencia audiovisual no que abordan a emigración, o desarraigo e os soños frustrados a partir da súa propia experiencia persoal. Neste contexto pandémico, falamos con elas a través dun medio bastante máis inmediato, o teléfono. No... Ler máis
A media voz, de Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández
Contan Heidi Hassan e Patricia Pérez que de cativas querían ser oceanógrafas. Quizais por esa primeira vocación a auga ten unha presenza recorrente no seu último traballo, A Media Voz, un documental cun fondo carácter intimista e autoral, con ecos de referentes explícitos como Agnès Varda, no que a través da súa historia persoal van tecendo un relato sobre os afectos,... Ler máis