ELS DIES QUE VINDRAN, de Carlos Marqués-Marcet

© Avalon No ano 2014, o realizador catalán Carlos Marqués-Marcet presentaba a súa primeira longametraxe: 10.000 km, unha cinta sinxela pero sorprendentemente lúcida sobre unha relación de parella a distancia (baseada nunha experiencia persoal do director). A película alzouse como a gran triunfadora no Festival de Málaga dese mesmo ano, e Marqués-Marcet recibía pouco despois o premio Goya ao mellor cineasta novel, converténdose inmediatamente nun nome a seguir dentro... Ler máis

CARLOS MARQUÉS-MARCET: “CREO QUE HAI QUE ATOPAR UN ESPAZO PARA TODO TIPO DE CINEMA”

Carlos Marqués-Marcet © Oscar Fernandez Orengo Carlos Marqués-Marcet (Barcelona, 1983) acaba de presentar a súa última longametraxe, Els dies que vindran, na Competición Oficial do Festival de Cine de Róterdam (podes ler a nosa crónica completa aquí). Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra, Marqués-Marcet cursou un máster en dirección cinematográfica en Los Angeles e traballou durante anos como montador de cine e televisión. A súa ópera... Ler máis

RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO

O verán. Tempo para o lecer e o pracer, para saír da casa e saír dun mesmo, para cruzar fronteiras sen ollar atrás. Mágoa que nesta década, con máis de cinco millóns de parados no estado e un mercado laboral moi precarizado, onde o único traballo posíbel semella ser a prestación puntual de servizos, moitos teñamos que ficar na casa, sen cartos nin xeito de conseguilos, vivindo da caridade familiar e dos convites dos amigos, como lle ocorre, en parte, aos tres amigos... Ler máis