Curtocircuíto 2022: Explora
Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf Os festivais de cinema que máis me interesan sempre foron eses capaces de realizar apostas propias e gañarse unha identidade singular, ao tempo que en cada edición se preguntan sobre o seu modelo e van incorporando novas indagacións. Cando un proxecto xa está asentado, xorde unha pregunta lóxica e de difícil resposta: que facer con eses cineastas polos que se apostou dende o inicio e que de forma continuada presentan filmes ao certame?... Ler máis
Dúo, de Meritxell Colell
A VIAXE DA CINEASTA / A VIAXE DA COREÓGRAFA En 2018 Meritxell Colell asinou unha das óperas primas españolas da tempada, Con el viento. Nesta traballou coa coreógrafa Mónica García nunha historia que a seguía dende Bos Aires, o seu lugar de traballo e residencia, ata as súas orixes nunha vila de Burgos, practicamente abandonada, á que acudía pola morte de seu pai. Alí atopábase coa súa nai e, coa axuda das súas irmás, axudábaa a vender a casa familiar. Era unha... Ler máis
Luis López Carrasco: “Todo relato que un intente desenterrar é unha interpretación en presente que se superpón a relatos previos”
Luis López Carrasco (© Alicia Seoane – DUPLEX Cinema) Luis López Carrasco realizou a que sen dúbida foi a película española de 2020: El año del descubrimiento (para algúns, como eu, simplemente, a película do ano). Documental que parte dun feito como a queima do Parlamento murciano en 1992 tras unha vaga de folgas e manifestacións, motivadas por despedimentos masivos en importantes empresas da rexión, para acabar expandíndose en múltiples direccións e erixirse... Ler máis
Maddi Barber: “Creo que o cine pode xerar alianzas no mundo rural”
A cineasta Maddi Barber (Lakabe, 1988) regresa ao Festival Punto de Vista para presentar o seu último traballo, Gorria, polo que gañou o Premio X Films na última edición do encontro navarro. Tralo éxito das súas anteriores curtametraxes, o tándem formado por 592 metroz goiti e Urpean Lurra, proxectadas en numerosos festivais nacionais e internacionais, Barber converteuse nunha das voces máis singulares do panorama nacional. As súas obras, de corte intimista e antropolóxico,... Ler máis
SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA
Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis
VOLTA AO TEMPO: A RESTAURACIÓN DE THE BOOK OF ALL THE DEAD
Barbara is a Vision of Loveliness (Bruce Elder, 1976) Le este artigo na súa versión orixinal en inglés The Book of All the Dead (1975–1994) é un ciclo épico do cineasta canadiano R. Bruce Elder, que abarca todos os filmes que Elder fixo durante ese período. Está estruturado en tres partes: Lamentations, Consolations e Exultations. Cada parte está nomeada despois dun traballo feito entre 1985 e 1994, e unido nunha soa peza cunha duración aproximada de 36 horas. Contidas... Ler máis
CURTAS 2017: VANGARDA EN CATRO MOVEMENTOS
O Curtas Vila do Conde vén achegando dende as súas orixes a Portugal os traballos máis diversos do cinema de vangarda nun sentido amplo. Esta acepción tense estendido noutras edicións a todo exercicio visual que puxese en dúbida o narrativo e a representación realista. En 2017 este tipo de pezas foron desterradas da sección experimental para integrar, no que pareceu ser unha transformación gradual nos anos recentes, a competición internacional. Así, como se... Ler máis
INDIELISBOA 2017: A COLLEITA PORTUGUESA
Un ano máis, a competición nacional do Indielisboa e algúns títulos lusos en programas paralelos permiten tomar o pulso a unha cinematografía que se mostra sempre diversa e ben inserida nas tendencias fílmicas actuais. O festival supliu a ausencia na colleita de 2017 dunha película especialmente anovadora cunha serie de propostas que actualizan tradicións do cinema moderno xa codificadas. Así, a ficción de liña máis clara e posiblemente máis elegante de todo o certame... Ler máis
VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL
Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de Róterdam (IFFR) nunha igrexa a comungar con dez obras que compoñen o programa de Vertical Cinema1.... Ler máis
FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)
Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis