14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU
Fotografía: Denís Estévez Esta edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego, ten unha vez máis unha grella digna de aplauso na Sección Oficial ao traernos máis películas – este ano son 16 as seleccionadas – e, como non, máis ganas de espertar conciencia. Se algo é necesario nestes tempos de adormecemento é axitar mentes; desde logo, o cine ten unha forte vocación para iso e dáme a impresión de que... Ler máis
O MELLOR DE 2018
1. Phantom Thread (Paul Thomas Anderson, EUA / RU, 2017) – 70 puntos / 9 votos 2. 万引き家族 (Shoplifters, Hirokazu Koreeda, Xapón, 2018) – 39 / 7 3. Le livre d’images (Jean-Luc Godard, Suíza / Francia, 2018) – 32 / 4 4. First Reformed (Paul Shrader, EUA / RU / Australia, 2017) – 30 / 5 5. 버닝 (Burning, Lee Chang-Dong, Corea do Sur, 2018) – 29 / 4 6. Three Billboards Outside Ebbing, Missouri (Martin McDonagh, RU / EUA, 2017) – 26... Ler máis
ANA ESTÉVEZ: “A ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL É NECESARIA NA FORMACIÓN DE TODAS NÓS POLA SÚA UTILIDADE PARA ANALIZAR E DAR SOLUCIÓNS”
Ana Estévez [na palestra] durante a clausura da 13ª edición do MICE. Fotografía: Denís Estévez A 13ª edición da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) do Museo do Pobo Galego trouxo case unha treintena de pezas, das cales doce conformarían a Sección Oficial, cun recorrido importante por festivais de prestixio como a Berlinale, Visions du Réel ou o ForumDoc Brasil. Neste contexto decidimos entrevistar á persoa que está detrás de todo isto cunha equipa de... Ler máis
CANNES 2018 EP. 9: LEE CHANG-DONG ADAPTA CON SUTILEZA E XENIO A HARUKI MURAKAMI
Queixabámonos dun inicio frouxo hai unha semana, mais o certo é que esa tónica foi a excepción en Cannes. A un par de días da clausura, día tras día, o festival está a ofrecernos filmes destacables. É o caso de Burning (Lee Chang-dong, 2018), no que o surcoreano adapta un relato de Haruki Murakami para, gardando intacto o ton misterioso e máxico do escritor nipón, levalo ao seu terreo cunha narrativa sutil e un xenio poético que coloca a Burning no máis alto dunha... Ler máis
CANNES 2018 EP. 8: CHEWBACCA VISTE DE GALA NUNHA BOA XORNADA PARA O CINEMA DE XÉNERO
Erguémonos esta mañá cunha boa dose de cinema de xénero da man de David Robert Mitchell, o autor de It Follows (2014), que presentou na Croisette Under the Silver Lake (2018). Filme de claro aire cool e coa vontade de sorprender, preséntanos un mozo obsesionado coa cultura pop que vive nun bloque de apartamentos en Los Angeles e que semella pasar os seus días inmerso nas distintas doses desa cultura que consume ávido e espiando ás veciñas cuns prismáticos dende a súa... Ler máis