QUIÉN LO IMPIDE, de Jonás Trueba

Desde o comezo da súa carreira como director e guionista, Jonás Trueba dialogou de forma decidida co universo adolescente. Do texto da iniciática Más pena que Gloria (Víctor García León, 2001), centrada na primeira decepción amorosa dun mozo de 16 anos; á recente La reconquista (2016), a súa película máis notable ata a data, que trasladaba a historia de amor na trintena da súa primeira metade cara a unha significativa orixe de instituto, o director madrileño mostrou... Ler máis

NOVOS CINEMAS 03: LATEXOS

Continuamos a revisión dos títulos do último Novos Cinemas cos filmes pertencentes á sección Latexos. Cinco filmes inéditos en Galicia para un espazo que estreaba xurado e premio da crítica e na que destacaba a abundante representación femenina. Entre as seleccionadas, Young & Beautiful (Marina Lameiro, 2018), gañadora do premio do  público no Festival Punto de Vista; La muerte del maestro (José María Avilés, 2018) proxectada en Rotterdam e Sao Paulo; Letters... Ler máis