DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA
Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival, de novo, ofrecía un mapa co que orientarse –na páxina 63, para quen o queira ver– organizado,... Ler máis
KEN JACOBS: “AMÉRICA É TAN DECEPCIONANTE!”
“Co 3D podes crear distorsións incríbles”. A (S8) Mostra de Cinema Periférico tense caracterizado dende os seus inicios por traer á Coruña cada ano unha lenda do cinema de vangarda. En seis edicións, a nómina deixa o listón alto: Bruce McClure, Peter Kubelka, Takahiko Iimura… En 2015, decidiron manter o nivel, dedicándolle “a retrospectiva máis ampla xamais feita en España” a Ken Jacobs, segundo el mesmo declarou no primeiro pase da mesma. Composto dun... Ler máis
ADIEU AU LANGAGE, de Jean-Luc Godard
A era da comunicación non garante o contacto. David Refoyo, Amor.txt. Non vemos máis que imaxes por todas partes, mais non ves unha soa imaxe que che fale. Jean-Luc Godard O animal estaría en última estancia privado da palabra, desa palabra que se denomina nome. Jacques Derrida. A utopía da linguaxe paratáctico Quizais xa ninguén se lembre, mais en Film Socialisme (Jean-Luc Godard, 2010), “ese filme que tentaba liberar as cousas do nome que lles puxemos”, xa estaban... Ler máis
JIFF 2014: LO QUE EL FERRY SE LLEVÓ
El pasado abril sucedió un desastre que dio forma concreta a un sentimiento que viene sobrevolando Corea del Sur hace ya algún tiempo. Nada podría haber sido peor. Fue el peor resultado en las peores de las situaciones. El 16 de abril el ferry Sewol, que se dirigía hacia la isla coreana de Jeju, perdió estabilidad y en el plazo de dos horas se hundió junto con más de 300 estudiantes de entre 10 y 18 años de edad. Esta tragedia, que no es accidente, sacó a flote muchas,... Ler máis
3 X 3D, de P. Greenaway, J-L Godard & E. Pêra
Ler este texto na súa versión orixinal en portugués No vasto conxunto da súa programación de cinema e audiovisual, Guimarães 2012 – Capital Europea da Cultura encomendou a tres cineastas unha reflexión sobre o proceso de produción cinematográfica en 3D. Para esa tarefa, os programadores João Lopes e Rodrigo Areias escolleron dúas das principais referencias cinéfilas internacionais -Peter Greenaway e Jean-Luc Godard- e mais a Edgar Pera, un dos cineastas portugueses... Ler máis
HUGO, de Martin Scorsese
O CINEMA COMO PALIMPSESTPO Resulta curioso que os principais favoritos para gañar os Óscar deste ano sexan dous filmes que volven cara o pasado heroico do cinema. Semella coma se as industrias estadounidense e francesa decidiran trocar entre si os seus respectivos referentes para producir nesta tempada cadanseu blockbuster metacinematográfico: mentres que Hollywood reconstrúe unha Gare de Montparnasse dixital para recuperar o cinema analóxico de Georges Meliès en Hugo (Martin... Ler máis
PINA, de Wim Wenders
IMAXES NOVAS As imaxes de Pina, último traballo do cineasta Wim Wenders estreado o pasado ano 2011, teñen algo de novas. Malia que o filme concibiuse inicialmente coma un documental sobre Pina Bausch, bailarina e coreógrafa, figura indiscutible da danza contemporánea e directora do Tanztheater Wuppertal, logo da súa morte repentina unha vez comezado o proxecto, e grazas en parte, segundo confesaría o seu director, ao entusiasmo mostrado polos bailaríns da compañía,... Ler máis
CAVE OF FORGOTTEN DREAMS, de Werner Herzog
Herzog era a miña gran esperanza para co 3D, e malia que intento desesperadamente convencerme de que existe unha verdadeira xustificación artística para esta elección, non a atopo por ningures. Non é que aborreza esta febre con ínfulas de orixinalidade, sinxelamente non me achega nada novo. Ao fin e ao cabo, trátase dunha estratexia de marketing máis ben baleira e simplona, e mestre dos gimmicks só houbo un. A ver se superamos dunha vez todo este asunto do 3D, que xa... Ler máis