Curtocircuíto 2023: Sección Cosmos

Nazarbazi, de Maryam Takafori A vixésima edición de Curtocircuíto (3 – 8 de outubro) trouxo consigo algúns cambios na división do programa das seccións oficiais, nun intento de achegarnos as pezas proxectadas eliminando as fronteiras entre elas, coa decisión de unificar as antigas Explora, Radar e Penínsulas nunha nova sección oficial denominada Cosmos. Esta decisión non só se ve reflectida na pluralidade estilística e temática das obras, senón que facilitou a... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras

Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis