(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe
Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven relendo o poeta portugués Manuel António Pina. Substitúo palabra por imaxe e tomo estes versos... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada
Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis
Intersección 2022: Experimentación audiovisual
En toda experimentación hai indicios dun desexo de coñecemento e dun impulso á acción, da materialización dun pensamento ou dunha observación. Se falamos de experimentación audiovisual, a entrega dese material en imaxes e sons a un público xera un efecto de círculo que se pecha, relegando á audiencia a potestade de vivencia e xuízo, os cales pasan a estar en paridade coas conclusións da artista. A quinta edición do festival Intersección da Coruña estivo composta... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis
Antoni Muntadas en Intersección: obras e procedementos
A fin de semana do 30 e 31 de outubro Antoni Muntadas viaxou á Coruña para presentar en Intersección un grupo de pezas de vídeo e impartir unha masterclass. Este feito, que un artista pioneiro no país en vídeo independente participe (en persoa) nun festival incipiente galego de arte contemporánea, dános a oportunidade de falar do que podemos sacar do traballo dese artista transhumante dos media, que é Antoni Muntadas, para a nosa escena artística visual. Por isto, dedicarei... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2021
A mostra que conquista o corazón dos seguidores do cinema máis experimental volveu á cidade da Coruña fai uns días. Do 28 de maio ao 6 de xuño, o (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou a súa XII edición, apostando de novo polo formato dual, combinando presencialidade con contido online. Un acerto de xestión en tempos de pandemia, mais tamén no actual mundo transmedia. Dentro da ampla programación do festival, recollemos unha selección co mellor deste ano: Val... Ler máis
DORA GARCÍA: “A MIÑA FORMA DE TRABALLAR É SEMPRE LER MOITO, BUSCAR MOITO EN ARQUIVOS, IR SEMPRE AOS SITIOS MÁIS INSÓLITOS”
Dora García (Valladolid, 1965) é unha das creadoras invitadas ao festival Intersección 2019. O título da súa masterclass di moito dela como artista: “Da documentación ao vídeo performance, á película curta, á longametraxe”. A súa obra é internacional e nacionalmente coñecida desde o ámbito das performances e a súa reconsideración do uso dos espazos públicos (xa sexan virtuais ou físicos) mesturando a investigación, a escritura, o papel do espectador... Ler máis
INTERSECCIÓN 2019: J. P. SNIADECKI, INTERIORIZANDO O REAL. O FILME DESDE A EMPATÍA
J.P. Sniadecki, é un cineasta e antropólogo que traballa entre China e os Estados Unidos, filmando con enorme sutileza e contundencia situacións políticas, económicas, sociais e humanas tremendamente complexas, producindo sempre obras de gran sensibilidade estética. A narratividade das súas películas constrúese a partir dunha documentación que posúe a riqueza e a ambigüidade da testemuña humano, filtrada a través da mirada do director, cuxa implicación emocional,... Ler máis
MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS
Fotografía: María Meseguer Podes ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. Preludio En maio de 2016 atopábame en Londres, no BFI, para asistir a unha sesión especial de Malcolm Le Grice. Un acontecemento tan raro que me levou a pensar que podería ser a miña primeira e última oportunidade de ver a Le Grice en directo interpretando a súa icónica Horror Film 1 (1971). O programa nocturno tamén incluía Threshold (1972) e After Leonardo (1973), da cal podedes... Ler máis
Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”
Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis