Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro
Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos dun país convulso, descomposto, e do tránsito consecuente da súa poboación e as novas cotiandades... Ler máis
A Cuarta Parede: Dez anos de crítica de cinema en galego
A Cuarta Parede cumpre hoxe dez anos, unha efeméride que non sería posible sen a colaboración de todas as persoas que encheron as páxinas da revista ao longo destes anos. Todas aquelas que, dende a súa fundación, achegaron o seu traballo e paixón para que este proxecto se convertese na realidade que é hoxe. Por iso, quixemos aproveitar a oportunidade para recompilar as voces de moitas das persoas que xogaron un papel fundamental na nosa historia, ben sexa dende a dirección,... Ler máis
Número 27
Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar a nosa vindeira Panorámica a interpretar as súas imaxes e discursos, porque configuran, dun... Ler máis
Procesos #21 – Eloy Domínguez Serén
Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquilo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar A Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde Pettring. Viaxa, indaga, aprende e tamén ensina. Filma a única hora de luz que os habitantes de Fauske... Ler máis
PLAY-DOC 2014: O ANO DA FICCIÓN DOCUMENTAL
Hai unhas semanas tiven o privilexio de asistir ao seminario ‘A Crítica Intermedia’ dentro das actividades do Festival Play-Doc de Tui. No marco deste curso, déronnos a posibilidade de escribir unha crítica ou unha crónica entroutras opcións para publicar n’A Cuarta Parede. Por que explico todo isto? Pois porque quería ofrecer a miña visión do festival, mais non sabía moi ben que elixir, xa que foron moitos os traballos audiovisuais que me gustaron.... Ler máis
Número 19
A Cuarta Parede comeza este novo ano cun repaso ao mellor do anterior a través das votacións dos nosos colaboradores. Como estas listaxes serven para ben pouco se non se acompañan dalgunha reflexión, imos adicar a nosa Panorámica a algunhas das tendencias que marcaron este 2013, partindo sempre dos filmes incluídos na nosa escolma. Ademais, revisaremos as críticas dos títulos mellor valorados, e publicaremos outras novas daqueles que se nos escaparon no momento da súa... Ler máis
Número 18
A inminente estrea do filme de ciencia-ficción Snowpiercer, primeira película rodada en inglés do surcoreano Bong Joon-ho; e o recente paso polas salas de The Last Stand (Kim Jee-woon) e Stoker (Park Chan-wook), cintas rodadas por compatriotas da mesma xeración tamén en inglés; coincide co ciclo que este mes lle dedica o FIC Xixón ao tamén surcoreano Hong Sang-soo, logo do seu paso cunha retrospectiva similar polo BAFICI. Esta coincidencia convirte o 2013 nun ano moi surcoreano... Ler máis
Número 3
Que sería dunha publicación que non intenta medrar, mellorar con cada número? Se logramos ese obxectivo, non o sabemos. Decidilo é cousa vosa, dos lectores, pero de algo si estamos seguros: esforzámonos, e encaramos esta nova andaina con ilusión e esixencia. Dende eses piares, o número 3 d’A Cuarta Parede vertébrase a partires dun especial sobre a función da crítica de cinema na súa sección Panorámica. As posibilidades de escribir en Internet con moi baixos... Ler máis
Número 2
Adoitan dicir que o segundo número é o máis difícil. O cinema, a vida, púxonolo doado nesta ocasión. Sen pretendelo, semella que dúas liñas están presentes nesta nova andadura d’A Cuarta Parede. Por unha banda, o festival Punto de Vista, ao que dedicamos un especial en Panorámica, volveu incidir en dous aspectos sociolóxicos relevantes que os nosos redactores coinciden en salientar: a construción da identidade e a relación co ‘outro’. Son elementos que definen... Ler máis
Número 1
A Cuarta Parede nace para falar da nosa paixón (o cinema de autor) na nosa lingua (o galego). As seis seccións que compoñen a revista, que sairá cunha periodicidade irregular cada 6-7 semanas, definen as nosas liñas de acción. Mentres que PANTALLAS se encarga de promover o debate sobre o último cinema que se move nos círculos cinéfilos máis aló das salas comerciais, unha sección como ZOOM IN entrega artigos en profundidade de temas concretos e máis traballados, que... Ler máis