O corpo aberto, de Ángeles Huerta

O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse, non só da dinámica e gratificante confluencia de xéneros, a priori tan distantes, como o drama... Ler máis

FIC VÍA XIV. OS TRAZOS DO CINE NOS SEUS PERCORRIDOS

16 de decembro, de Álvaro Gago (2019) O FIC Vía XIV de Verín, nomeado en homenaxe a esta calzada romana que percorre o Val do Támega, presenta na súa nova edición unha visión variada de diversos camiños que se cruzan entre eles, debuxando unha programación que aposta sempre polo formato curto e que vai dende o experimental ao cine de entretemento.  A primeira sección, A Raia, é unha liña. Unha liña que non separa exactamente nada, senón que traza un percorrido con... Ler máis