Dar Ghorbat, de Sohrab Shahid Saless

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). Podes ler o texto na súa versión orixinal en portugués aquí. Nein! Deutschland gut! Sohrab Shahid Saless (1944–1998) foi unha figura esencial da primeira xeración da nova vaga iraniana. Traballou no Kanun, onde foi unha influencia para Abbas Kiarostami; en 1975 emigra á República Federal Alemá, despois... Ler máis

SOBRE O PASO DE ABBAS KIAROSTAMI POR BARCELONA

Case unha década despois da visita de Abbas Kiarostami a Barcelona con motivo da exposición ‘Erice – Kiarostami. Correspondencias’, o cineasta iraniano regresa á cidade aos seus setenta e catro anos para impartir un curso, inaugurar unha retrospectiva e pronunciar varias conferencias. Despois de arrincar en Bogotá, e con pretensión de estenderse a diferentes cidades do mundo, ‘Filmando en Barcelona con Abbas Kiarostami’ é un obradoiro práctico... Ler máis

O MELLOR DE 2012

De limusinas e outras bestas Os mellores filmes de 2012 son, coma case sempre, os que iremos vendo ao longo deste novo ano: moitos veñen de chegar ás salas comerciais, algún aínda resiste nelas logo de varios meses e a gran maioría aínda está por descubrir, xa sexa a través da rede, dos festivais, das filmotecas ou directamente no mercado de DVD. Malia que non todos acadaron a máxima puntuación á que poderían chegar por falta de visibilidade, a nosa listaxe comeza... Ler máis

FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)

Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu catálogo, na confección da edición mesma, do mimo e coidado establecidos en todo o proceso. E un... Ler máis

CINEMA EN CURS

A EXPERIENCIA DA CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA NA ESCOLA E O INSTITUTO Cinema en curs é un proxecto de pedagoxía do cine con tres grandes obxectivos: propiciar un descubrimento do cinema polos nenos e novos, explorar as potencias pedagóxicas do cinema na escola e no instituto, e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Cinema en curs dá xeito a unha pedagoxía do cinema e ao mesmo tempo a unha pedagoxía co cine e a través del. É unha aposta polo cine (e... Ler máis

RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO

Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito? Por que calquera relación do cinema e a política ponse baixo sospeita? Fíxose extensiva a... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron o debate sobre como ver e pensar as imaxes, fornecendo a críticos, académicos, programadores... Ler máis