PUNTO DE VISTA 2015: UNHA ILLA EN TERRA FIRME

A 9ª edición do Festival Punto de Vista estreaba nova sede, Baluarte, e novo director artístico, o xornalista e cineasta Oskar Alegría. O cambio de espazo non mudou a xeografía do certame, xa que a situación das salas na cidade era practicamente a mesma, mais si que significou gañar en acústica (grazas ás paredes de madeira) e perder en imaxe (por culpa dunhas pantallas cheas de engurras, puntos e raias), aínda que ao final o verdadeiro problema foi de comodidade:... Ler máis

ÉRIC BAUDELAIRE: “TODA NACIÓN É UNHA FICCIÓN COLECTIVA”

O cineasta francés Eric Baudelaire sorprendeu aos afeccionados ao documental en 2011 con L’anabase de May et Fusako Shigenobu, Masao Adachi et 27 années sans images, unha poética película que presentaba con naturalidade a relación do director nipón Masao Adachi co Exército Vermello Xaponés. Un exilio no Líbano de case 30 años, no que política e cinema se entrelazaban, repasando a teoría da paisaxe (fukeiron) este xenuíno activista do celuloide, coa que intentaba... Ler máis