Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos
Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN
Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas similitudes. Xa dixemos que en Radar existía na selección deste ano unha vontade de resistencia... Ler máis
MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS
Fotografía: María Meseguer Podes ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. Preludio En maio de 2016 atopábame en Londres, no BFI, para asistir a unha sesión especial de Malcolm Le Grice. Un acontecemento tan raro que me levou a pensar que podería ser a miña primeira e última oportunidade de ver a Le Grice en directo interpretando a súa icónica Horror Film 1 (1971). O programa nocturno tamén incluía Threshold (1972) e After Leonardo (1973), da cal podedes... Ler máis
CURTAS 2015: BENDITO EXPERIMENTAL
Comentabamos da edición do pasado ano de Curtas Vila do Conde que, se ben se podían atopar bos títulos na selección, ás veces a liña divisoria entre a sección internacional e a experimental era moi fina, cando non bailaban as propostas dun compartimento ao outro sen unha grande definición. Cuestión corrixida nunha edición de 2015 que destacou precisamente por contar cunha selección de curtas experimentais de grandísima calidade. Deixando de lado as películas máis... Ler máis
KEN JACOBS: “AMÉRICA É TAN DECEPCIONANTE!”
“Co 3D podes crear distorsións incríbles”. A (S8) Mostra de Cinema Periférico tense caracterizado dende os seus inicios por traer á Coruña cada ano unha lenda do cinema de vangarda. En seis edicións, a nómina deixa o listón alto: Bruce McClure, Peter Kubelka, Takahiko Iimura… En 2015, decidiron manter o nivel, dedicándolle “a retrospectiva máis ampla xamais feita en España” a Ken Jacobs, segundo el mesmo declarou no primeiro pase da mesma. Composto dun... Ler máis