Berlinale 2023 (IV): delicada peza de ourive
Passages, de Ira Sachs Ás veces non se comprende como certas obras notables acaban en seccións paralelas dos grandes festivais, cando claramente teñen o suficiente nivel como para competir en oficial. Ocorreu este ano na Berlinale con Passages (Ira Sachs, 2023), presentada en Panorama e que se erixe como o filme máis destacable desta edición no ecuador do festival. O neoiorquino é coñecido polos seus dramas protagonizados habitualmente por parellas gais, cun grande naturalismo,... Ler máis
Mandibules, de Quentin Dupieux
O verán adoita a ser o momento no que o cinema se enche de propostas lixeiras que non atoparon espazo durante o resto do ano. Así, é normal que un dos xéneros que máis aparezan nas carteleiras sexa o da comedia: nada entra mellor cando aperta a calor que o aire acondicionado da sala de cinema e 90 minutos de risas. Con todo, tamén é o clima perfecto para arriscar con filmes que non adoitan ter un gran público pero que, o que teñen, é fiel. Recoñezo que esta situación... Ler máis
LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche
Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis