(S8) Mostra de Cinema Periférico 2020: O xardín secreto

Non é certo que quedásemos sen primavera. S8 puxo todos os medios na súa onceava edición para devolvérnola en forma de cinema periférico este outubro: e a quen non lle gusta que lle regalen flores? Este Xardín Secreto trouxo consigo os aromas esquecidos durante o confinamento e encheu a sala co exuberante dun cinema que non pretende endosar etiquetas. Un xardín colectivo, o desta edición, do que sacar un ungüento diferente de cada sección. Afeitos a sorprendernos co... Ler máis

URXA, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal

 O 24 de novembro de 1989, no Teatro Cine Fraga de Vigo, tiña lugar a estrea pública de Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, durante a segunda xornada daquel fito histórico chamado Cinegalicia. Tal e como apuntaban algunhas crónicas do momento, o filme partía dende o inicio como o “patiño feo” (Acuña, 1989) da selección, e pasou relativamente desapercibido en comparación coas outras dúas longametraxes que conformaron o programa... Ler máis

ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”

Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis

FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (II)

Foto: Christine LB Podes ler a primeira parte desta crónica aquí. 4. Vangardas Por outro lado, e como xa é costume, na competición análoga de Vangardas apostouse por recopilar filmes que pretenden facer da forma a súa principal arma de resistencia. A selección volveu a amosar as súas múltiples posibilidades albergando desde Between Relating and Use (Nazli Dinçel), unha das pezas máis pulidas dese continuo sobre a relación cinema-corpo que é a filmografía da directora... Ler máis