THE IRISHMAN, de Martin Scorsese
A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte, dende a intensidade do inmediato ou dende a distancia que dá o tempo. Algúns relatos retrospectivos, por exemplo, son capaces de manter o pulso do presente malia que teñan pasado décadas dos acontecementos aos que se refiren, como Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), Casino (Martin Scorsese, 1995) ou The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, 2013); tres filmes eufóricos que reconstrúen con esmero e detalle,... Ler máis
Bertrand Tavernier: “A CULTURA É UN SALVAVIDAS, E ESTAMOS NO TITANIC”
Bertrand Tavernier (Lyon, 1941) é coñecido, entre outras cousas, por ter representando unha Historia de Francia a partires de múltiples filmes da súa extensa filmografía, razón pola que foi convidado a participar no III Congreso Internacional de Historia e Cinema: Modelos de Interpretación para o Cinema Histórico; coordinado polo Centro de Estudos Fílmicos da USC (CEFILMUS), que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia entre o 3 e o 5 de novembro. Antes de despedirme... Ler máis