O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO
O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis
O MELLOR DE 2012
De limusinas e outras bestas Os mellores filmes de 2012 son, coma case sempre, os que iremos vendo ao longo deste novo ano: moitos veñen de chegar ás salas comerciais, algún aínda resiste nelas logo de varios meses e a gran maioría aínda está por descubrir, xa sexa a través da rede, dos festivais, das filmotecas ou directamente no mercado de DVD. Malia que non todos acadaron a máxima puntuación á que poderían chegar por falta de visibilidade, a nosa listaxe comeza... Ler máis
O TERROR BUSCA PSICANALISTA
Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo, parece que este ano a cuantiosísima colleita de cinema de terror, fantástico e arredores do certame... Ler máis
IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES
OPINIÓN PÚBLICA E CINEMA DOCUMENTARIO · O maior éxito das mobilizacións cidadás dos últimos meses está sendo devolver o debate político ás prazas de todo o estado, recuperando o espazo público tanto no plano físico coma no conceptual: á ocupación do territorio seguiulle a invasión do espazo mediático por discusos alternativos ao oficial, demostrando co discurso político e o sermón dos tertulianos rara vez casa coa opinión real da sociedade. Nesta caste de loitas... Ler máis