Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa

Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis