LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE

Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos non fosen estimulantes –aí non perderon un ápice da súa procura de novos camiños para o cinema–... Ler máis

CANNES DÍA 3: FILLOS DE QUITA E PON

Abriuse a Semana da Crítica con Victoria (Justine Triet, 2016) e Albüm (Mehmet Can Mertoglu, 2016) e resulta curioso comprobar coma estes filmes dialogan, dende aproximacións estéticas moi distintas, con Rester vertical (Alain Guiraudie, 2016) na sección oficial, no que se refire no trato aos fillos. Xa comentamos aquí que o filme do francés vai de mentireiros profesionais que, entre outras cousas, non son quen de facerse cargo da súa paternidade con responsabilidade.... Ler máis