(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis
FICX 2021: Novo mundo
Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis
PEPE EL ANDALUZ, de Alejandro Alvarado e Concha Barquero
O arquivista Rick Prelinger queixábase hai uns anos no seu blog Black Oystercatcher da submisión da maioría de documentários históricos ao enfoque imposto polo modo performativo, onde calquera acontecemento debe abordarse sempre dende a perspectiva dalgún personaxe en concreto, establecendo un arco narrativo baseado na resolución dalgún problema: “O que está a ocorrer”, escribe Prelinger, “é que o cinema está a ser empregado para construír historias que enfatizan... Ler máis