Blanco en blanco, de Théo Court

© Elamedia Estudios “ISTO TEN QUE SER ALGO FERMOSO!” Poucas son as veces nas que a imaxe que clausura unha película queda gravada na retina dos espectadores para a súa posterior reflexión. Con todo, cando isto ocorre, a satisfacción é tal que incluso se esta imaxe resulta desagradable, a valoración da obra tende a ser positiva. Esta é a verdadeira forza da sétima arte e, sen dúbida, este é o caso coa segunda película dirixida polo realizador hispano-chileno Théo... Ler máis

POST MORTEM, de Pablo Larraín

Un dos meus poemas favoritos de Ángel González, titulado Muerte en el olvido, comeza cunha afectuosa e humilde confesión: “yo sé que existo / porque tú me imaginas”. O poeta ovetense, talvez pouco preocupado no seu namoramento pola “subxectividade individual autoconsciente” do cogito ergo sum cartesiano, admite o estéril de sabernos vivos se non existimos tamén na conciencia do próximo. Así, conclúe o seu poema recoñecendo: “pero si tú me olvidas / quedaré... Ler máis