Intersección 2023: Virtualidades / Realidades

El auge del humano 3, de Eduardo Williams Intersección celebrou este ano a súa edición número seis. Trátase dun festival novo, impulsado en plena era dixital, e a súa programación asume o reto de pensar os camiños do cine desde unha estrita contemporaneidade. A medida que afondamos na proposta do festival, imos comprendendo que a paisaxe cinematográfica que propón atópase en gran parte vinculada á experimentación ao redor das posibilidades da imaxe dixital. Así o... Ler máis

Curtocircuíto 2023: Planeta GZ

Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego contemporáneo e o seu apego á terra, establecendo unha profunda conexión con ela. Ruovesi é unha... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 5 — Da paternidade e a espera

Alicia fai cousas, de Ángel Santos Nesta sesión, coma se dun exercicio de montaxe se tratase, pasamos dunha película a outra mediante xustaposicións que se enchen de significado. Hai un corte brutal entre a primeira e a segunda peza —esa transformación radical dun tempo morto—, outro máis sutil entre a segunda e a terceira —da ausencia de ambos os proxenitores á ausencia da nai—, e un terceiro corte que se funda nunha continuidade da relación pai-fillo. Alicia... Ler máis