O mellor de 2023

Manténdonos fieis á senda inaugurada hai tres anos, dende A Cuarta Parede volvemos propoñer o noso particular balance deste ano que remata. Intentando fuxir das clasificacións e listaxes tradicionais que buscan condensar e xerarquizar a experiencia cultural, na revista queremos abrazar a singularidade da mesma. Desta forma, convidamos aos nosos colaboradores a contribuír a un resumo libre e ecléctico do ano, alleo a restricións temporais, de formato e de xénero, no que... Ler máis

Viennale 2022: Saint-Omer, L’envol e All the Beauty and the Bloodshed

Saint-Omer (Alice Diop, 2022) A Cuarta Parede visitou por primeira vez este ano a Viennale (20 de outubro – 1 de novembro, Viena, Austria). Ademais de polas súas coidadas retrospectivas —este ano dedicadas a Yoshida Yoshishige, Elaine May e a Ebrahim Golestan no centenario do seu nacemento—, o festival é sobre todo coñecido por ser o certame dos certames en Europa, presentando unha diversa e enorme selección do mellor do ano, sen poñer os filmes a competición. De entre... Ler máis