O gran momento do audiovisual galego
XXII Premios Mestre Mateo © Academia Galega do Audiovisual Desde fai un tempo, pregúntanme de maneira recorrente sobre o gran momento que vive o audiovisual galego. Vaia por diante que pouco importa o que eu opine; en todo caso, sempre tropecei con dificultades para dar unha resposta breve e contundente. Non son amigo de triunfalismos, sobre todo se se trata dunha reacción ante os éxitos (cómpre aquí redefinir a idea de éxito) duns poucxs. Gústame poñer en valor e celebrar... Ler máis
Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Matria, de Álvaro Gago O 2023 quedará marcado nas enciclopedias do cinema galego coma o ano no que tres filmes saídos da nosa terra participaron no prestixioso festival de Berlín. Con Lois Patiño non é literal, pois sitúa Samsara (2023) en Laos, mais Carla Subirana e Álvaro Gago poñen acento local ás historias que contan dende a Costa da Morte e as Rías Baixas, respectivamente con Sica (2023) e Matria (2023). Precisamente este último foi un dos primeiros filmes vistos... Ler máis
ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”
(Vén de aquí) Falabamos dos momentos nos que os actores entran nesas zonas escuras da súa mente durante o proceso da interpretación. Como dirixías ti estes momentos? Francisca e máis eu tiñamos todo ensaiado e compartiamos unha linguaxe común. Se lle tiña que dicir algo, dicíallo baixiño. Cando algo non funcionaba con algún deses momentos-da-súa-vida aos que eu lle facía referencia, probabamos con outra cousa. Sempre, con poucas palabras e de forma moi directa.... Ler máis
ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”
Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller sobreexplotada no seu posto de traballo e no seu fogar, que representa a unha de tantas outras mulleres... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR
Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis