TEEN SPIRIT, de Max Minghella
O actor Max Minghella, coñecido especialmente pola súa interpretación de Divya Narendra en The Social Network (David Fincher, 2010) ou de Nick Blaine en The Handmaid´s Tale (Bruce Miller, 2017), atreveuse esta vez coa dirección. O británico púxose detrás da cámara, seguindo os pasos do seu pai Anthony Minghella, para realizar este filme escrito por el que ten lugar na Illa de Wight, a máis grande de Inglaterra onde, precisamente, naceu o seu proxenitor. Teen Spirit presenta... Ler máis
SHORT STAY, de Ted Fendt
Entre os grandes acontecementos do 2016 para o cinema, o nacemento do festival Novos Cinemas ocupa unha parte importante. A cita, que celebrará a súa segunda edición no mes de xuño deste ano, convértese nun novo lugar onde poder gozar do mellor e máis independente cinema: sempre que sexa unha ópera prima. Co estímulo deste “requisito”, a cita conseguiu encher a cidade de Pontevedra de filmes da altura de Dead Slow Ahead (Mauro Herce, 2015) ou John From (João Nicolau,... Ler máis
WHERE TO INVADE NEXT, de Michael Moore
“O propósito destas viaxes é recoller as flores, non as herbas”, di Michael Moore nun intre da película. E é que Where To Invade Next (2015) é un exercicio de conciencia para os cidadáns estadounidenses, un test a un sistema que xa se ten probado como incompleto e cuxos erros son evidentes; para os que vivimos á outra beira do Atlántico, quizais é unha visión demasiado inxenua. Nesta última película, o director estadounidense acata as “ordes” dos Xefes do... Ler máis