CASI 40, de David Trueba
No ano 1996, David Trueba debutou na dirección con La buena vida. Aquela oportuna visión da adolescencia, melancólica e tenra, exaltaba sen ningún reparo os universos de Truffaut ou Malle no medio dunha época máis ben gris do cinema español, coma se o autor pretendese reivindicar para a caduca comedia do seu país unha sensibilidade doutras latitudes e tempos. A realidade é que os anos foron pasando por ese cine e o menor dos oito irmáns Trueba, case sempre máis agudo... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES)
A primeira edición dun festival é, nestes tempos de retalladas austeritarias, un acto de afouteza, e máis aínda se ese festival se constrúe a partir dun concepto forte e significativo, como acontece con Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. A idea dos seus programadores, Suso Novás e Ángel Santos, é tan sinxela como efectiva: crear un festival dedicado a aqueles cineastas que só teñen unha ou dúas longametraxes na súa traxectoria, dándolle... Ler máis
EDEN, de Mia Hansen-Løve
DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis
FRANCES HA, de Noah Baumbach
Á PROCURA DO MEU SITIO Os catro protagonistas de Kicking and Screaming (Noah Baumbach, 1995) sufrían unha especie crise existencial xusto despois de graduarse na universidade que lles impedía cortar por completo o cordón umbilical da mocidade. A incerteza que xeraba o fin dunha etapa vital e a obrigación de comezar unha nova impulsaba os catro amigos recentemente graduados a pasarse medio ano facendo nada polo campus. Estes adolescentes salinguerianos -Grover (Josh Hamilton),... Ler máis