DOC LISBOA 2017: LUGARES DE FALA

Cómpre eloxiar a extraordinaria coherencia coa que os programadores do Doc Lisboa establecen ligazóns entre as diferentes seccións do festival: este ano, dunha banda, había varios filmes espello, que trataban os mesmos temas dende distintas perspectivas –como a morte, en 方綉英 (Mrs. Fang, Wang Bing, 2017) e End of Life (John Bruce & Pawel Wojtasik, 2017); ou o racismo, en Did You Wonder Who Fired the Gun? (Travis Wilkerson, 2017) e Purge this Land (Lee Anne Schmitt,... Ler máis

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis

É O AMOR, de João Canijo

Da experiencia do amor: un filme-proceso No 2012, o festival de cinema Curtas Vila do Conde organizou o Campus/Estaleiro, un programa intensivo con estudantes de cinema da rexión do Porto que, como corolario, produciu diversas curtametraxes, poñendo en contacto a eses estudantes con realizadores profesionais. Nese contexto, xurdiu unha proposta directa para o cineasta João Canijo: abordar o microcosmos social das Caxinas, un barrio pesqueiro histórico da zona norte de Vila... Ler máis