FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERIN 2018
O III Vía XIV Festival Internacional de Curtametraxes de Verín reuniu durante 9 días máis de 60 curtas na súa sección oficial, repartidas en catro grupos: Horizontes, Outra Mirada, a Raia e Nova. Conviviron así a ficción e o documental, a imaxe real e a animación, formas innovadoras de facer cinema e ata algún videoclip nunha selección sen prexuízos cara calquera xénero ou formato. A sección Horizontes está dedicada ás migracións e ás fronteiras no seu sentido... Ler máis
SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA
Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: UN MODELO A CAMBIAR
Foto: Daniel Gallego En paralelo ás proxeccións que o Festival de Cinema de Ourense programou na cidade durante 7 días, lugares coma o Café Pop Torgal, un dos epicentros culturais da cidade, acolleron diferentes presentacións, performances e debates. No ecuador do festival, Fran Gayo, director artístico do OUFF, moderaba unha mesa redonda sobre festivais de cinema que pretendía, non tanto solucionar un modelo que semella estar a quedarse obsoleto ou descompasado cos tempos,... Ler máis
8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO
Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis
FESTIVAL SCOPE: O FUTURO DA PROGRAMACIÓN?
Dentro da Panorámica deste número sobre as liñas que están a marcar a distribución e a exhibición de cinema en España, pensamos que era interesante preguntar a algúns programadores próximos que opinan dunha plataforma como Festival Scope. Esta ferramenta permite a profesionais do sector acceder a películas que están a circular por festivais, sen que necesariamente puidesen velas nas mostras fisicamente. Das declaracións solicitadas, despréndese que a páxina web... Ler máis
(S8): LUZ ESPIRITUAL
Non facemos nestes inicios de 2013 un especial sobre a situación dos festivais de cinema en España por nada. O contexto da crise económica é o principal factor que está a mudar o chamado mapa de festivais, tendo que redimensionar eventos, suprimir seccións, baixar número de títulos, actividades paralelas, ou celebrarse cada dous anos (o caso de Punto de Vista, como nos conta Josetxo Cerdán, o seu director artístico, no debate que acompaña este artigo). Ante tal contexto,... Ler máis