O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE
O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis
PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN (III)
Continuamos co debate a cinco bandas establecido cos responsables de Filmin (Jaume Ripoll), Márgenes (Diego Rodríguez), Filmotech (Juan Alía) e Play-Doc TV (Ángel Sánchez). Dividimos o artigo, moi longo, en tres partes, para facilitar a súa lectura. Aquí a primeira e a segunda. Jaume Ripoll: "As películas de festivais están dispoñibles (...) pero como levamos ao espectador ata elas? (...) Como escapar da síndrome da home page?" Gustaríanos centrarnos agora... Ler máis
PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN (II)
Continuamos co debate a cinco bandas establecido cos responsables de Filmin (Jaume Ripoll), Márgenes (Diego Rodríguez), Filmotech (Juan Alía) e Play-Doc TV (Ángel Sánchez). Dividimos o artigo, moi longo, en tres partes, para facilitar a súa lectura. Aquí a primeira. Discutamos as políticas de prezos, promocións, e outras estratexias para atraer aos usuarios das plataformas. Debemos tratar loxicamente o tema da pirataría. Seguramente unha lexislación que regule mellor... Ler máis
PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN
Seguindo o modelo dos nosos anteriores debates sobre o estado da crítica e os festivais, saímos agora preguntar a varios responsables de plataformas de vídeo baixo demanda como ven o patio, nun sector aínda por definir, con moitas incógnitas, pero polo que pasa sen dúbida boa parte do futuro da exhibición cinematográfica. Eles son Jaume Ripoll, de Filmin; Diego Rodríguez, de Márgenes; Juan Alía, de Filmotech; e Ángel Sánchez, de Play-doc TV. As súas propostas, moi... Ler máis
“A CLAVE DO ÉXITO DE PÚBLICO É UNHA PROGRAMACIÓN RIGOROSA PERO NON DEMASIADO ACADÉMICA”
Nos últimos oito anos que leva en pé, Play-Doc conseguiu medrar, madurar, e sobre todo establecer un modelo de festival algo distinto ao dominante. Modelo baseado nunha escala modesta, na escaseza de contidos máis que nas programacións mastodónticas, e cun forte compoñente festivo, de celebración cinematográfica. Un modelo que atraeu a autores da talla de Pelechian, McElwee ou Rosenblatt, e que abre todas as primaveras unha pequena xanela para o documental na fronteira... Ler máis