GIMME DANGER, de Jim Jarmusch

John Lurie, Tom Waits, RZA, Iggy Pop. Só con ler estes catro nomes relacionados entre si, a meirande parte de cinéfilos podería percibir que pegamento os une. En efecto, unha das innumerables cualidades do totémico Jim Jarmusch reside na forma orgánica de integrar a esencia creativa de músicos como os citados, por cuxas obras non esconde a súa profunda admiración, nun universo cinematográfico de parámetros non sempre próximos. Quizais por isto resulta incluso chamativo... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis