UN 2013 FRAGMENTARIO E PERFORMÁTICO

Que é a narrativa cinematográfica? Podemos comprender os filmes sen a influencia doutras artes, como a fotografía, a pintura ou a literatura? Dando por sentado que é imposible abstraernos por completo destas herdanzas, son moitos os teóricos do cinema que, dende a semiótica ou outros campos, intentaron establecer unha gramática para o cinema. Pensemos en Dziga Vertov e o seu cine-ollo, na caméra-stylo de Alexandre Astruc, no aparato cinematográfico de Jean-Louis Comolli,... Ler máis

LE PASSÉ, de Asghar Farhadi

A REDENCIÓN SILENCIOSA “Por non morrer de angustia e de vergoña, os homes están eternamente condenados a esquece-las cousas desagradables das súas vidas, e canto máis desagradables son, antes as esquecen”. Así sentenciaba un inspector sen nome encarnado por Roman Polanski en Una pura formalità, de Giuseppe Tornatore (1994). O argumento, porén, non estaría completo sen engadir que o esquecemento, por moi pretendido, nunca chega a ser real, sendo unicamente posible... Ler máis