COLUMBUS, de :kogonada
Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis
Bollaín tuvo que ser
A 12ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla homenaxeou ao director Juan Sebastián Bollaín no marco dunha das retrospectivas programadas. Descoñecido para a gran maioría, sorprendía escoitar nas colas das proxeccións como nin os seus propios veciños sevillanos o coñecían, o seu cine propón unha adiantada e surrealista visión da sociedade. A súa obra, rescatada e restaurada pola Filmoteca Andaluza, céntrase especialmente na cidade de Sevilla, onde o director... Ler máis
INDIELISBOA 2015 (II/III): ALMAS ERRANTES, EN ESTADO DE SUSPENSIÓN
Este artigo é a continuación dunha primeira crónica que se pode consultar aquí. ‘El complejo de dinero’ comunica ben o fastío dunha burguesía perdida. Na procura dunha identidade fracturada Igual de pijos e perdidiños andan os personaxes de El complejo de dinero (2015), que Juan Rodrigáñez presentou na pasada Berlinale. Baseada na novela anarquista Der Geldkomplex de Franziska zu Reventlow, coloca a un grupo de burgueses nunha finca dun lugar indeterminado... Ler máis
OS PASEOS ARQUITECTÓNICOS DE HEINZ EMIGHOLZ
O cinema é unha tecnoloxía de lugar, isto é, unha práctica estética e social capaz de producir espacialidade: dunha banda, pode representar unha paisaxe, unha rúa, un edificio ou mesmo un cuarto coa maior fidelidade posíbel; doutra banda, pode construír lugares complementarios ou alternativos aos reais, segmentándoos nas súas distintas pezas para despois recompoñelos na montaxe. Filmar un lugar significa así filmar tódolos elementos que o compoñen e tódalas relacións... Ler máis
MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”
Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis